Caballero: “A nosa prioridade é que a revolución dixital xere emprego en Galicia”


O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo unha xuntanza de traballo coa vicepresidenta e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, para repasar a axenda galega e a reactivación económica de Galicia nas cuestións que afectan a este ministerio. Caballero abordou coa vicepresidenta a necesaria dixitalización da economía, e a conveniencia de incorporar a xeración de emprego como factor á hora de priorizar os proxectos que poidan captar fondos Next Generation. “A nosa prioridade é que a revolución dixital xere emprego en Galicia”, reivindicou o líder dos socialistas galegos, consciente de que a dixitalización da economía implica o reto de xerar novos tipos de traballos á vez que outros van mudando. A ministra de Economía confirmoulle a Caballero a transferencia a Galicia de 234 millóns de euros para axudas directas a pemes e autónomos galegos.