32
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, recriminou este domingo a Feijóo que está “máis ocupado na propaganda que en traballar lealmente co goberno de España”, toda vez que os 110.000 tests que se enviaron a Galicia seguen sen utilizarse a pesares das necesidades existentes. O líder socialista urxiu a utilización destes tests, porque “cada día que pasa sen facer os tests é un día perdido, e xa van moitos”. Feijóo anunciou que destinará a un estudio epidemiolóxico paralelo ao do Ministerio de Sanidade eses tests, e que comezará a finais de mes. “Ten que estar á altura das circunstancias e atender as necesidades de Galicia”, esixiu Gonzalo Caballero.