Caballero advirte de que a Xunta será a “única culpable” se a ampliación do Ifevi non chega para Conxemar

Abel Caballero advertiu unha vez máis de que se a ampliación do Ifevi non está lista para a próxima edición de Conxemar, a única culpable será a Xunta de Galicia dado que poido ter iniciado hai dous meses o proceso de licitación das obras -condicionado á disposición do solo -. De telo feito así, os traballos poderían comezar ao día seguinte do acto de levantamento de actas previas á ocupación para a expropiación dos bens e dereitos, convocado para o 11 de decembro polo Concello de Vigo. En cambio, agora o inicio dos traballos demoraranse outros dous ou tres meses. “Se a ampliación do Ifevi non está lista para a próxima edición de Conxemar non haberá máis culpable que a Xunta de Galicia”, criticou.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha