O alcance criticou á Xunta por «obstaculizar a tramitación do Plan Xeral de Vigo así como por negarse a financiar viais supramunicipais como o a ronda de Balsa-Baruxáns». Na súa opinión, o goberno autonómico nega en Vigo unha inversión de 85 millóns, cando adicou 101 millóns á terceira ronda de A Coruña, exemplificou. Respecto da aprobación provisional do PXOM, Caballero advertiu de que a Xunta está a obstaculizar porque, citando un caso “singular”, o informe de Patrimonio tardou 9 meses en chegar e foi negativo. Na súa opinión, este informe foi asinado e “estivo gardado nun caixón 41 días” o que resulta “intolerable que non se enviara antes, cando o prazo legal é de tres meses. Afeou que a Xunta esperara a que a directora Xeral e a candidata do PP ofreceran unha rolda de prensa para anunciar que o informe sería negativo. “Hai un obstrucionismo claro por parte da Xunta para que non se aprobe o PXOM antes das eleccións”.
15