Caballero anuncia unha “oposición leal, pero contundente” na “defensa dos servizos públicos»

Foto.- Cedida.

O secretario xeral do PSdeG e deputado electo, Gonzalo Caballero, anunciou unha “oposición leal pero contundente” centrada na “defensa fonda dos servizos públicos para saír desta crise sen que ninguén quede atrás”. Anunciou “propostas en positivo, construtivas” para afrontar a crise co obxectivo de “saír máis unidos con políticas de progreso, defendendo os servizos públicos e o Estado do Benestar”. Así o fixo antes da primeira reunión do novo Grupo Parlamentario no Parlamento de Galicia para fixar as principais liñas de acción de cara á nova Lexislatura.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha