Caballero denuncia a “falla de compromiso” da Xunta cos concellos

1 minutes read

O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, interveu na comisión de reconstrución de Galicia durante a comparecencia do presidente da Fegamp e alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, para sinalar que a “falla de compromiso” da Xunta cos concellos dificulta a prestación dos servizos sociais, así como outras tarefas que realizan.

De feito, Gonzalo Caballero reclamou ao goberno galego que “blinde” estes servizos “a carón dos concellos” e requiriu máis compromiso coa financiación e o mantemento da axuda no fogar.

A iso uniu o líder do PSdeG o feito de que a Xunta consignou “cero euros” de gasto extraordinario para que os concellos enfrontasen a pandemia, a pesares de que estiveron “atendendo aos veciños e dando axudas”, como así corroborou o propio presidente da Fegamp.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?