Caballero di que está todo encarrilado en Lugo

1 minutes read

Gonzalo Caballero, xuntouse coa militancia socialista de Lugo este sábado para amosar, dixo, a fortaleza e a unidade do vindeiro goberno da Deputación á fronte da cal previsiblemente estará o alcalde de Monforte, Xosé Tomé.

A presidencia chégalle a Tomé despois de que Ferraz aprobara a proposta do PSdeG prescindindo así do actual presidente en funcións Darío Campos, alcalde da Pontenova, quen tampouco será deputado. Na foto de familia, ademais, estaba a concelleira da capital Ana Abelleira quen tamén será deputada co cal o partido xudicial de Lugo terá representación na Deputación.

Deste xeito dáse así por pechada a crise no socialismo lugués que rematou coa dimisión de Álvaro Santos como secretario provincial e coa saída de Darío Campos da Deputación.