Caballero e Rey unidos polo financiamento local e a captación de fondos Next Generation

1 minutes read

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, mantiveron unha xuntanza no consistorio vigués na que acordaron posicións cara ao novo financiamento das entidades locais e a captación de fondos Next Generation EU. Ambos os mandatarios sinalaron a importancia de ter “un financiamento adecuado” e requiren máis recursos para levar a cabo a acción do goberno local. Caballero confirmou que a ministra de Facenda, María Jesús Montero, comparte esta idea. Ademais, tamén abordarán co Ministerio a recadación do imposto da plusvalía, logo da anulación por parte do Tribunal Constitucional do método de cálculo obxectivo.

Caballero e Rey consideran que tanto Vigo como A Coruña deben ser receptores dos Fondos Next Generation EU para o desenvolvemento das cidades así como de Galicia: “Temos proxectos transformadores e moi maduros. A garantía de que os fondos se utilizarán ben é recibilos directamente as cidades, non só a Xunta de Galicia”, reivindicou o alcalde, e criticou que a Xunta non fixera ningunha convocatoria como xa fixera o Goberno do Estado.

Ademais destes asuntos, tanto desde Vigo como desde A Coruña solicítase unha mellor relación ferroviaria para vertebrar todo o territorio e reclamaron apoio da Xunta de Galicia para os aeroportos de Peinador e Alvedro. Caballero agradeceu a visita da alcaldesa de A Coruña e acordaron verse en máis ocasións para tratar os distintos temas que afectan a ambas cidades e a Galicia.