40
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asistiu este venres a Fitur, onde aproveitou para abordar co presidente do goberno de España, Pedro Sánchez, a importancia da reactivación económica e social, ambos coinciden no potencial do turismo para impulsar a reactivación do país, así como do paquete de axudas directas a pemes e autónomos aprobadas polo Goberno. Nese senso, Gonzalo Caballero destacou que o goberno de España xa remitiu a semana pasada 234 millóns de euros á Xunta para axudas directas aos autónomos e pemes galegas. Por iso, urxiu ao goberno galego para “que poña os cartos nas mans dos pequenos empresarios e dos autónomos que tan mal o están pasando” nestes tempos.