Caballero e Touriño piden un cambio político, necesario como o de 2005

1 minutes read

Os socialistas galegos conmemoraron os 15 anos da vitoria electoral de Emilio Pérez Touriño, un goberno que aprobou normas que “quedaron na historia dos avances do noso país” no eido laboral, de defensa do medio, en materia de igualdade e conciliación, en rexeneración ou no compromiso cos servizos públicos.

Foi nun acto celebrado este venres no parque de San Domingos de Bonaval, onde reclamaron un cambio como o de 2005 para o vindeiro 12 de xullo.

O ex-presidente Toruiño dixo que é momento de abrir a porta dun futuro mellor para Galicia. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, prometeu a creación dunha Consellería de Igualdade se goberna e tamén un sistema de gratuidade de libros e dixitalización para o alumnado, “un proxecto para todos os galegos”, no que poden “estar cómodos, tranquilos”. “Somos o cambio con garantías”, enfatizou.