Caballero entra no Parlamento «para que Feijóo deixe de enganar á cidadanía»

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, prometeu este mércores o seu escano de deputado no Parlamento de Galicia, no que di entrar agora, a un ano das eleccións autonómicas, para confrontar a súa proposta de “cambio” político coa “imaxe de poder coa que Feijóo intenta enganar á cidadanía”. Despois de que en 2012 os populares considerasen un agravio que Feijóo fose investido na Cámara para o seu segundo mandato sen recibir a felicitación dos portavoces da oposición, este mércores Caballero, líder da oposición, tomou posesión do escano co aplauso protocolario de todo o hemiciclo, tamén dos populares, coa excepción de Feijóo e Rueda, que se incorporaron máis tarde.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha