O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, recordou que falta “apoio” para a sanidade pública e para fortalecer o sistema de rastrexadores; que faltan “persoal e protocolos” para garantir a seguridade nos centros de maiores; que ningún hostaleiro recibiu “ni un euro” en axudas directas da Xunta e que o goberno de Feijóo carece de “rumbo” no que atinxe aos proxectos europeos. En definitiva, remarcou Gonzalo Caballero, os 100 primeiros días da nova lexislatura ofrecen un “folio en branco”. Advertiu ademais que Feijóo leva 100 días de lexislatura nos que “non houbo unha soa xuntanza, unha soa chamada do presidente da Xunta para falar de como afrontar a crise, como acertar e construír un país mellor”.
Caballero fai “un balance crítico” dos 100 días de goberno de Feijóo
Foto.- Cedida.