Caballero insta a Feijóo a remitir a súa carta sobre a lista máis votada a Casado

Gonzalo Caballero instou a Núñez Feijóo a mandarlle a Pablo Casado a carta onde pide que permita gobernar ás listas máis votadas, para que facilite a investidura de Pedro Sánchez.

Caballero recriminou a Feijóo o seu «cinismo político e a súa inconsciencia», tras «aplaudir» o pacto do seu partido coa ultradereita en Andalucía e reclamar agora que goberne o partido máis votado.

Gonzalo Caballero sinalou que o PSdeG construirá gobernos de progreso alí onde sexa posible, dado que as urnas falaron de forma clara e contundente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha