Caballero insta á Xunta a que abandone a “confrontación» co Goberno e cumpra «as súas competencias»

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou este sábado á Xunta a “abandonar a liña de confrontación co Goberno de España” porque “segue tendo pendente” demandas de concellos, hospitais e residencias de aumento das plantillas e das súas medidas de protección. “Hai moito que facer, e a Xunta non pode nin relaxarse nin limitarse a poñer deberes ao Goberno de España”, advertiu Gonzalo Caballero, consciente de que “necesitamos o traballo coordinado de todas as autoridades” na loita contra o coronavirus. O líder socialista segurou que o Goberno galego “seguirá tendo a man tendida do PSdeG, pero ten que cumprir en materia de sanidade e servizos sociais”.