36
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou este domingo á Xunta que utilice xa os máis de 110.000 tests de diagnóstico rápido que o goberno de España consignou para Galicia. Uns 58.000 foron remitidos nunha primeira remesa e outros 57.000 chegarán nestes días. “Situacións de contaxio masivo como a que vemos na residencia do Barco de Valdeorras poñen de manifesto os erros na prevención e que se chega tarde”, recalcou Gonzalo Caballero, á vista de que, neste mes de confinamento a causa do coronavirus, o Sergas realizou uns 42.000 PCR nunha poboación de preto de 2,7 millóns de persoas.