Caballero: “nunca se asinou un acordo desta envergadura entre a FEMP e o Goberno de España”

Abel Caballero asina co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, o “Acordo económico para a acción local post COVID-19” no Palacio da Moncloa. No acto participaron as ministras de Facenda e Política Territorial, a vicepresidenta segunda da FEMP e alcaldesa de Toledo, o voceiro de IU-Podemos na Federación e alcalde de Rivas-Vaciamadrid, o alcalde de Valladolid e voceiro adxunto do grupo socialista e o secretario xeral da Federación.

Abel Caballero subliñou que “nunca se asinou un acordo desta envergadura entre a FEMP e o Goberno de España”. O presidente Pedro Sánchez destacou, a través do seu perfil de Twitter, que “é un acordo para impulsar, tamén desde os concellos, a recuperación do país”, un acordo, engadiu, “clave para dotar aos pobos e cidades dos recursos necesarios para que poidan paliar os efectos da COVID19 e contribuír á reconstrución económica e social”.