Caballero pide o pronunciamento dos empresarios sobre a “oposición” de Feijóo á autovía Vigo-Porriño en túnel

1 minutes read
  • Abel Caballero anunciou que porá en coñecemento das entidades empresariais a posición do presidente autonómico sobre esta infraestrutura viaria.

“Non os escoito e quero escoitalos”, dixo este mércores Abel Caballero: “Quero saber que opinan de que o presidente da Xunta non queira que se constrúa unha autovía Vigo-Porriño en túnel pagada polo Goberno de España”. O rexedor anunciou o envío de escritos á federación de transportistas, á CEP, á Cámara de Comercio e ao Círculo de Empresarios.

Trátase “dunha das grandes obras desta cidade” á que Feijóo “oponse frontalmente” e “así llo dixo á ministra de Transportes”, indicou Caballero, na reunión mantida entre ambos en Santiago o pasado 21 de xaneiro.

“Feijóo é o único e primeiro presidente autonómico en toda España que se opón a unha obra desta envergadura na súa Comunidade Autónoma. É inverosímil”, valorou o alcalde este mércores. Caballero demandou ao presidente autonómico unha rectificación pública: “Ten que desculparse ante os cidadáns de Vigo e debería apoiar publicamente ao Goberno de España no seu compromiso firme que vai levar adiante”, concluíu o alcalde vigués.