O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, inaugurou este sábado unha nova xornada do think tank IdeaGaliciaLab, onde se comprometeu a que a defensa da sanidade pública sexa “a bandeira” do vindeiro goberno progresista da Xunta despois de 11 anos de “recortes, privatizacións e precarizacións” con Feijóo á fronte. Asegurou que a sanidade será a «bandeira» «dun goberno da Xunta progresista» e comparou a situación actual en Galicia coa doutras comunidades, que segundo dixo, presentan balances moito mellores. «Mentres noutras comunidades se cobren o 98 por cento das prazas de pediatría, por exemplo, en Asturias, ou taxas preto do 100 por cento na Rioxa, ou do 90 e tantos por cento en Castela e León ou en Cantabria… en Galicia estamos dez puntos por debaixo do nivel que ten Asturias en cobertura de pediatría en primaria», dixo Gonzalo Caballero, Secretario xeral do PSdeG.
40