Caballero propón á Xunta “reconsiderar” uns orzamentos que non prevían a terceira onda da covid

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, propuxo á Xunta, na semana na que se aprobarán os seus orzamentos para 2021, que “reconsidere” unhas contas públicas que non prevían esta terceira onda da covid “que nos acende todas as luces de alarma” polo número de contaxios e pola elevada presión asistencial á que están tendo que facer fronte os hospitais. “O PP ten que deixar o rodillo e ser permeable”, defendeu Gonzalo Caballero, consciente de que cómpre “cambiar os orzamentos” para “fortalecer a sanidade pública, dar máis fondos aos sectores afectados por esta crise e trazar as liñas da reactivación de Galicia”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha