Caballero propón respaldar o relevo xeneracional nas explotacións agrarias

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo unha xuntanza de traballo co secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, para abordar os retos do mundo rural e agrario en Galicia.

“Necesitamos un compromiso claro con todas aquelas medidas que permitan que o medio rural e o agro poidan resistir e afrontar os retos de futuro”, reivindicou o máximo dirixente dos socialistas galegos antes de propoñer “tres medidas importantes e concretas” que “hai que incorporar nun gran pacto polo rural”.

Así, Gonzalo Caballero pediu á Xunta de Galicia que aposte polo relevo xeracional nas explotacións agrícolas e gandeiras, pola dixitalización das subastas de gando e pola incorporación de ferramentas dixitais para o control do pastoreo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha