Caballero propón un encontro a Feijóo para acordar a recuperación económica e os fondos europeos

1 minutes read

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, sinalou que “é a hora de ter un gran acordo” e de que o presidente da Xunta “convoque a unha xuntanza aos líderes dos partidos políticos con representación parlamentaria”. O obxectivo, sinalou, é acordar “un plan de reactivación económica e de prioridade de fondos europeos para fortalecer o benestar dos galegos e galegas ante unha crise de tal profundidade” como a provocada polo coronavirus. Denuncia que a comisión de reactivación está “paralizada”, que os proxectos de financiamento europeos están “nun caixón” da Xunta e que o goberno galego non publicou aínda as novas axudas aos negocios pechados. Ademais censura a “indoenza e falla de empatía” da conselleira de Política Social que encomiou a situación nas residencias, e considera a vacinación da conselleira delegada de DomusVi unha “falla de ética, de estética e de respecto aos galegos e ás galegas”.