Caballero rexeita uns orzamentos “de dereitas, sen capacidade nin modelo nin estratexia”

O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, avanzou que o vindeiro luns defenderá en Pleno a emenda á totalidade do Grupo Socialista con petición de devolución “para que a Xunta entenda que o proxecto de orzamentos non está á altura do que Galicia necesita”.

“Os orzamentos da Xunta e a emenda do PP contra o goberno autonómico en favor dos millonarios de Galicia amosan que estes orzamentos, ademais de carecer de impulso para a reactivación, compromiso co público e impulso para á xeración de emprego, son uns orzamentos da dereita nos que o PP quere priorizar a súa alianza cos máis ricos, cos millonarios de Galicia, en vez de fortalecer a sanidade, a educación e as políticas sociais”, censurou o dirixente socialista.

Neste sentido, Gonzalo Caballero criticou que o PP “incluso emende ao goberno da Xunta para que teña unha alianza férrea cos millonarios e se neguen a incrementar, tal e como dicía a propia Xunta, lixeiramente o imposto da renda a quen cobra máis de 100.000 euros ao ano” o que deixa ver “que goberno e que PP temos en Galicia”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha