Caballero sinala que a Xunta “renunciou a ser motor da reactivación de Galicia”

1 minutes read

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Gonzalo Caballero, acusou a Feijóo de “renunciar a ser motor da reactivación económica”, e que responde cunha “política de brazos caídos” á destrución de emprego que se rexistra en Galicia. Sinalou así aos datos da EPA do primeiro trimestre, que revelan que “o paro aumentou en Galicia máis que en ningunha outra comunidade e a poboación ocupada caeu máis do dobre que na media de España”. O goberno galego “carece de modelo” para a reactivación, e por iso ofreceu “man tendida para impulsar unha reactivación que o PP é incapaz de encauzar por si mesmo”. Dixo que “é hora de que Feijóo se active, que deixe de pensar no PP e se poña a facer os deberes en economía porque os galegos non chegan a fin de mes”.