Caballero traslada o apoio do PSdeG ao pacto con Podemos

Os socialistas galegos trasládaronlle a Pedro Sánchez o seu apoio total a que gobernen con Podemos. Gonzalo Caballero di que este respaldo ao pacto é maioritario no partido. Sae así ao paso das críticas feitas por Felipe González e por baróns socialistas. 

«Avanzar nun goberno de progreso que desbloquee a situación é a vontade maioritaria do partido e a vontade que referendou por unanimidade a comisión executiva galega, trasladeille a Pedro Sánchez o apoio dos socialistas galegos para avanzar no apoio dun goberno progresista», dixo o secretario xeral do PSdeG este venres.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha