Abel Caballero trasladoulle o pésame aos familiares das vítimas do incendio de Vigo

1 minutes read

“Este é un moi mal día. Cheo de tristeza e dor”, comezou o alcalde a súa intervención ante os medios para dar conta do operativo posto en marcha polo goberno local por mor do incendio no que faleceron catro persoas, tres delas menores, e varias persoas resultaron feridas. O tráxico suceso tivo lugar na rúa Alfonso X o Sabio durante a madrugada deste mércores.

Abel Caballero quixo trasladar aos familiares das vítimas o pésame, cariño e afecto do goberno local e toda a cidade. “Isto é un drama que conmóvenos a todos”. O rexedor tamén agradeceu publicamente as condolencias doutras autoridades, entre elas a do presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Amais, o alcalde falou co presidente da Xunta e o conselleiro de Sanidade. Tamén trasladoulle o pésame a presidenta da FEMP, Ana Pontón como líder do BNG e o presidente do Parlamento de Galicia, que decretou un minuto de silencio na Cámara antes de comezar a sesión programada para este mércores. Tamén amosaron o seu pesar a oposición de Vigo.

O alcalde estivo desde o primeiro momento no lugar dos feitos, logo de ser advertido da situación pola concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez. Permaneceu in situ ata que rematou a súa tarefa o dispositivo de extinción. Anunciou o decreto de loito de tres días e que as bandeiras municipais ondearán a media hasta.

A responsable de Política Social, Yolanda Aguiar, detallou que desde o primeiro momento do desaloxo do edificio a súa concellería despregou o dispositivo de emerxencia necesario para atender as distintas necesidades de todas as persoas afectadas, ademais de coordinarse cos psicólogos do servizo 112.