Caballero urxe á Xunta a “actuar con dilixencia” ante o peche de 135 camas nos hospitais de Vigo


A consellería de Sanidade pechará 135 camas no Hospital Álvaro Cunqueiro e no Meixoeiro os meses de xullo e agosto. O rexedor lamentou a situación xa que apunta que “a atención na sanidade na Área de Vigo non é boa”.

Concretamente, no Hospital Álvaro Cunqueiro, está previsto pechar 75 camas, 35 das cales pertencen a neurociruxía e o resto son segundos lugares de habitación. No Meixoeiro, pola súa banda, as novas prazas que se suprimirán son 60 e pertencen aos servizos de Traumatoloxía e Medicina Interna.

Abel Caballero apuntou que “a lista de espera nas intervencións cirúrxicas son inenarrables, 60.000, e isto debe ser atallado”, sentenciou. Ademais, sinalou a falla de recursos na Atención Primaria: “Alguén con una afección oncolóxica sufriu atrasos na operación ou outra persoa acudía ao pediatra fai dous días e non había persoal. Feijóo e o conselleiro ten resolver con dilixencia a situación”.

En rolda de prensa, o Alcalde apuntou que agora “é o momento de facer o contrario e dar un bo servizo sanitario para recuperar os atrasos que houbo por mor da pandemia”.