27
- Están dirixidos principalmente a persoas con discapacidade e desempregadas
A asociación Íntegro acolle nas súas instalacións de Nantón (Cabana de Bergantiños) un curso de operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais dirixido principalmente a persoas desempregadas. Esta formación consta de 448 horas lectivas e impartirase ata abril do próximo ano en horario de mañá por persoal de COGAMI, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade.
No curso participan 14 persoas dos concellos da Laracha, Carballo, Coristanco, Vimianzo, Zas e Malpica. Todas elas contan con certificado de discapacidade do 33% como mínimo ou de incapacidade laboral.