38
O Concello de Cabana conmemorará o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller coa xornada ‘A visibilidade da muller: Somos unha voz importante’.
O evento terá lugar este venres, 25 de novembro, na Casa do Pendón a partir das 11.00 horas.
Nel intervirán membros da Asociación Íntegro, Branca Vilela, Maica Pastoriza, os nenos e nenas da escola municipal de teatro e as mulleres integrantes de Son de Cabana.
Ademais tamén se lerá a poesía da poeta local Matilde Vilariño Pose.
As prazas son limitadas polo que as persoas interesadas en acudir poderán reservar a súa entrada chamando ao 981 754 020.