Cabana abre o prazo de inscrición para o curso de autodefensa para mulleres

O Concello de Cabana de Bergantiños abre o prazo para participar no curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas, que se desenvolverá en dúas sesións programadas para os días 9 e 16 de marzo na sala multiusos do polideportivo municipal, ambas en horario de 16:00 a 20:00 horas.

As clases estarán guiadas por especialistas da Federación Galega de Loita pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e nelas impartiranse nocións de defensa persoal para que as mulleres que deban afrontar situacións de violencia poidan dispor dos suficientes recursos para facerlle fronte.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse ata o vindeiro venres, 23 de febreiro, acudindo ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Cabana de Bergantiños e contactando alí coa educadora familiar.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha