38
O Concello de Cabana abriu o prazo de inscrición para anotarse no programa de turismo promovido polo IMSERSO para a campaña 2023 – 2024. As persoas que desexen participar na iniciativa poderán tramitar a súa inscrición no Concello ata o vindeiro 25 de xullo. Do mesmo xeito, as persoas interesadas tamén poderán poñerse en contacto co Concello de Cabana a través do número 981 754 020 e preguntar pola educadora familiar.