- A convocatoria está aberta para emprendedores cun proxecto empresarial en fase de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente
A sexta edición do programa ‘2WORK’ na Costa da Morte, cuxa sede se sitúa en Cabana, comezará a súa actividade a partir de xaneiro e concluirá no mes de xuño de 2022. Trátase dun proxecto posto en marcha pola Vicepresidencia Segunda e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Escola de Organización Industrial (EOI) en colaboración co Concello de Cabana.
A convocatoria permanece aberta para persoas emprendedoras cun proxecto empresarial en fase de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente. Estímanse en 20 o número de emprendedores que poderán participar nesta edición. Os participantes poderán acudir a obradoiros, sesións de formación grupal, mentorización e outros eventos cos que poñer en común os seus proxectos e incrementar as súas posibilidades de éxito.
A inscrición pode realizarse a través desta ligazón.