Cabana acollerá o 6 de maio a XXII Xuntanza dos Maiores

0 minutes read

O Concello de Cabana de Bergantiños programa para o vindeiro 6 de maio a súa tradicional Xuntanza dos Maiores, na que será a vixésimo segunda edición deste popular encontro. A cita terá lugar no pavillón polideportivo municipal e nela poderán participar todas as persoas que teñan cumpridos os 65 anos, retirando previamente as súas invitacións de xeito presencial no concello entre os días 10 e 28 de abril. As persoas que precisen máis información poderán solicitala acudindo ao departamento de Servizos Sociais ou chamando ao número 981 754 020.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?