O Concello de Cabana de Bergantiños acollerá o vindeiro 23 de marzo ‘Cambio Climático no Prato’, unha sesión formativa de cociña sostible da man do cociñeiro Alejandro Iglesias. A acción está organizada en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
A iniciativa, promovida por People & Planet coa colaboración do Concello de Cabana estará orientada a ofrecer nocións de sustentabilidade nos fogóns, apostando polo aproveitamento dos alimentos e primando o emprego dunha ampla variedade de produtos repercutindo positivamente tanto na saúde como na pegada medioambiental.
A sesión terá lugar en horario de 11.30 a 12.30 horas nas instalación do Centro Íntegro e as persoas interesadas poderán inscribirse presencialmente na casa do Concello ou chamando ao 981 754 020 de 13 ao 17 de marzo.