Cabana acolleu a gran festa da música local: o festival As Nosas Músicas 2025

O auditorio municipal de Cabana de Bergantiños encheuse ata a bandeira para gozar do festival As Nosas Músicas, un evento xa consolidado como unha cita imprescindible no calendario cultural cabanés. Oito artistas e agrupacións subíronse ao escenario para ofrecer unha tarde chea de talento e emoción, recibindo o aplauso entusiasta do público en cada unha das actuacións.

Desde o goberno local destacan a excelente acollida que, ano tras ano, ten este festival, convertido nun símbolo do apoio á creación musical do municipio.

Related posts

Carballo, referente estatal en divulgación científica

Zas acolleu a presentación do libro “Que quede entre nós”

O Festival de Humor da Laracha regresará no mes de maio