No evento déronse cita centos de corredores para participar nunha proba integrada no IX circuíto provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña.
A proba ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para acadar unha vida máis saudable, e achegar este estilo de vida tamén á poboación en xeral para que se visite e poñer en valor o xacemento do Dolmen de Dombate.
A competición deu comezo ás 17.00 horas coa saída das categorías sub-14, sub-16, sub-18 e sénior RK, con percorridos todas elas de tres quilómetros aproximadamente. Ás 17:45 tomaron saída as e os deportistas participantes da categoría sub-12, nadas e nados entre o 2012 e o 2013, cunha duración de aproximadamente 1 quilómetro.
Ás 18:00 horas, foi quenda dos sub-10, cun percorrido aproximado dun quilómetro. Ás 18:15 horas, os pitufo/biberón, nados e nadas entre os anos 2016 e 2020, ambos inclusive. Foron aproximadamente 300 metros de carreira. Corenta e cinco minutos despois, o resto de partidas: sub-20, sub-23, sénior, máster 1, máster 2, máster 3 e máster 4. Todas elas, as de 10 quilómetros.
Na carreira 10K, os triunfos finais foron para Amador Pena (35.38) e Elena Veres (41.58), respectivamente. Completaron ambos os podios José Miguel Gómez (35.46) e Fran Roca (35.48) no cadro masculino, e María Tarrío (41.58) e Marta Pereira (44.48) no feminino.
Na 3K, as vitorias recaeron en Martín Regueira (9.26) e Carmen Paz (11.39). Completaron o podio en 3K José Miguel Gómez (9.56) e Javier Paradela (10.16) no cadro masculino. Na categoría feminina, detrás de Carmen Paz, foron Eva Formoso (11.51) e Natalia Rivas (11.57).