Cabana acolleu unha nova reunión dos representantes integrados no Proxecto Anllóns

Imaxe de arquivo dunha xornada de pesca no río Anllóns_Cedida

Na xuntanza celebarada este martes en Cabana de Bergantiños participaron xunto ao responsable da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, os alcaldes de Coristanco, Juan García; de Cabana, José Muíño; de Carballo, Evencio Ferrero; e da Laracha, José Manuel López Varela; a concelleira de Ponteceso, María Noelia Varela Suárez, e técnicos de turismo da Deputación e da empresa EOSA Estrategia y Organización S.A, a encargada de realizar esta primeira fase do proxecto.

As primeiras intervencións do plan proxectadas son as de control e erradicación de especies esóxenas invasoras, a retirada de árbores mortas e limpeza xeral no leito e nas ribeiras e a rehabilitación dos muíños abandonados ao longo do río, actuacións que permitirán o deseño e construción dunha gran senda verde, duns 53 quilómetros, que atravesará os cinco concellos polos que pasa o río: A Laracha, Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana.

Esta actuación global está orzamentada, inicialmente, en algo más de 1,2 millóns de euros, dos que a Deputación ten consignada xa unha axuda de 500.000 €, repartida en dúas anualidades: 240.000 € en 2022 e os outros 260.000 en 2023. O Consello de Dirección da Comunidade Intermunicipal do Proxecto Anllóns pretende conseguir o resto do financiamento con cargo aos fondos europeos Next Generation.

Xuntanza levada a cabo o pasado mes de setembro en Cabana por integrantes do Proxecto Anllóns.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha