Cabana | Adiada, polo mal tempo, a presentación musical «Xeometrías máxicas de Galicia»

0 minutes read
  • Estaba previsto que se celebrara ao aire libre este domingo, ás 12 horas, en Dombate

O Concello de Cabana decidiu adiar (ata próximo aviso) a presentación musical «Xeometrías máxicas de Galicia», enmarcada dentro da programación polo Día das Letras Galegas, debido «á previsión meteorolóxica».

A actividade, na que participan Bieito Romero e Irma Macías, estaba prevista para este domingo, 9 de maio, ás 12 horas en Dombate. Aínda non hai nova data confirmada para esta representación ao aire libre.