Cabana anunciou as datas do proceso de admisión na escola infantil municipal

O prazo para a renovación de praza do nenos e nenas que xa están escolarizados no centro neste curso 2023 – 2024 manterase en vigor desde o 15 ata o 31 de marzo, mentres que a admisión de novo alumnado terá como prazo desde o 1 de marzo ate o 15 de abril.

A última semana de maio manteranse reunións co persoal da EIM para as familias que tramiten a renovación de prazas, así como a sinatura do contrato matrícula de prestación de servizos.

Pola contra, as familias que matriculen aos seus fillos por primeira vez deberán consultar o día 10 de maio a lista provisional de admitidos e a lista de agarda e terán un prazo de 10 días desde esta data para presentar as reclamacións oportunas. O 24 de maio publicarase o listado definitivo de admitidos e a lista de agarda e na última semana de maio faranse reunións co profesional da EIM, así como a firma do contrato de matrícula de prestación de servizos. Finalmente, o prazo para a formalización de matrículas irá do 1 ao 15 de xuño.

As persoas que precisen maior información poderán obtela no departamento de Servizos Sociais contactando coa educadora familiar ou na web do Concello.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha