O Concello de Cabana de Bergantiños promove a conciliación familiar nas datas de Nadal a través dunha nova edición do programa Meniñeiro de Nadal.
A iniciativa está dirixida ao alumnado de infantil e primaria, é dicir nenos e nenas de 3 a 12 anos, e incluirá diversas actividades lúdicas e educativas que se realizarán en horario de 10:00 a 14:00 horas na Casa da Cultura.
As persoas interesadas en participar poderán presentar as súas solicitudes dende o 27 ao 30 de novembro xunto co DNI da/o nai/pai ou titor/a da/o menor. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. A partir do día 12 de decembro contactarase telefónicamente coas familias das/os menores admitidas/os.