Cabana aposta polo termalismo entre as actividades do Imserso para o 2022


O departamento de Servizos Sociais do Concello de Cabana informa da programación de actividades de termalismo do Imserso para o ano 2022.

A programación está dispoñible para persoas pensionistas por xubilación, incapacidade permanente, viuvez a partir de 55 anos, por outros conceptos ou perceptoras de prestacións de desemprego a partir de 60 e beneficiarias da seguridade social con 65 ou máis anos.

As solicitudes para as quendas dos meses de febreiro ata agosto están dispoñibles ata o 31 de decembro deste ano. No caso das quendas dos meses de setembro a decembro, ata o 15 de maio do 2022.

Para máis información e formalización das inscricións debe contactarse co departamento de Servizos Sociais no 981 754 020.