O Concello de Cabana de Bergantiños acolleu este sábado unha nova edición da popular celebración do ‘Castro Animado’, co que a Cidá de Borneiro voltou por un día ao seu pasado castrexo.
As persoas asistentes puideron gozar de recreacións e obradoiros castrexos da man da Asociación Cultural Lungdunum, visitas animadas co ‘Castrexo Borneiro’ Yago Espasandín, animación musical a cargo da banda de gaitas local, “O son do Castro”, unha gala de circo ofrecida por Forzu2 de Circo Chosco e o concerto de Carapaus.
Desde o goberno local valoran moi positivamente que se puidera celebrar de o regreso do Castro Animado “posto que se trata dun dos eventos máis significativos do noso municipio. Ademais, destacan tamén “a boa resposta do público que este sábado se pasou por Borneiro e gozou da festa”.