Cabana busca parellas para as vodas medievais de Riobó

1 minutes read
  • Esta 13ª edición terá lugar o 6 de agosto tras dous anos de parón pola pandemia

O Concello de Cabana quere retomar as prevodas medievais de Riobó, un dos eventos máis singulares e agardados da programación cultural de verán. Estas particulares cerimonias, que este ano celebrarán a súa 13ª edición tras un parón pola pandemia, terán lugar o 6 de agosto pero para iso é preciso que haxa parellas dispostas. Aqueles noivos e noivas interesados en participar deberán inscribirse no departamento de Cultura do Concello de xeito presencial ou chamando ao 981 75 40 20.

Os enlaces contraídos, integrados na tradicional celebración da ‘Noite no Medievo’, non terán ningunha validez a efecto oficial pero si oficioso. Isto significa que os noivos deberán acudir ataviados acordes á estética medieval: con traxes de labregos embelecidos con coroas e ramos de flores silvestres ou demais elementos ornamentais desta índole.