Cabana | Capturadas máis de 2.700 raíñas de velutina en dúas semanas

Cedida

  • Aínda quedan 25 trampas dispoñibles para que a veciñanza participe nunha iniciativa que se prolongará ata o vindeiro 15 de xuño

O Concello de Cabana informa que entre o 6 e o 20 de maio capturáronse 2.775 raíñas de avespa velutina dentro da campaña municipal de trampeo, 1.089 máis que durante o mesmo período do ano pasado.

A iniciativa desenvólvese desde o pasado mes de marzo, habilitándose dispositivos de captura en diversos puntos públicos do municipio e repartindo trampas entre a veciñanza que así o solicitara. O goberno local recorda que aínda quedan 25 trampas dispoñibles e que para acceder a elas só hai que cubrir este formulario. Será obrigatorio notificar o número de raíñas capturadas cada 15 días.