Cabana celebrará este sábado a súa tradición musical con ata nove artistas locais

A música cabanesa ultima os preparativos para gozar este vindeiro sábado, día 15 de novembro, da súa gran festa: o festival ‘As Nosas Músicas’ que como é costume desde hai uns anos por estas datas, encherá de maxia o auditorio municipal.

A cita dará comezo ás 18:00 horas e ao longo da tarde pasarán polo escenario ata nove artistas e agrupacións da localidade: Jacinto Paredes e os seus acordeóns, Inspiración, O Son do Castro, Grupo de gaitas Maruxía, Os Enxebres de Cabana, Vento da Barra, Os Farrapos e Barreiros&Mato.

O goberno local convida a veciños e visitantes a un evento que supón «un punto de encontro cultural e interxeracional ao redor dun dos grandes vertebradores da cultura cabanesa como o é a nosa música».

Related posts

Iniciado na Laracha o procedemento de selección das 15 persoas que participarán na nova acción formativa para desempregados

A veciñanza de Goiáns encheu o centro social na súa apertura ao público para celebrar o consello parroquial

O pleno do Concello de Malpica de Bergantiños aprobou a participación municipal no POS+ 2026 da Deputación