0
O Concello de Cabana de Bergantiños celebra a partir deste venres, día 2 de xuño, as clausuras das diferentes actividades deportivas e culturais desenvoltas ao longo de todo o ano. Deste xeito, o venres será quenda para a clausura das escolas deportivas, que realizarán unha exhibición desde as 17.50 horas no polideportivo municipal. Pola súa parte, o sábado terá lugar a XXI Clausura da Escola Deportiva de Bailes de Salón e Ritmos Latinos a partir das 18.30 horas abríndose as portas ao público unha hora antes. Finalmente, o domingo será a clausura das escolas de música ás 18.00 horas.