- Cabana é un dos primeiros municipios da comarca de Bergantiños en rematar estas intervencións
O Concello de Cabana acaba de completar a limpeza da súa rede de estradas municipais, converténdose así nun dos primeiros municipios da comarca de Bergantiños en rematar estas intervencións de cara á época estival. Segundo apuntan desde o goberno local, tan só «quedan pendentes de limpeza as vías de titularidade provincial», algo que xa se lle comunicou á Deputación.
Tras o remate destes traballos, o Concello repasará os núcleos a man e iniciará, ademais, a limpeza das pistas forestais nos vindeiros días. En todo caso, se a partir deste luns algún veciño ou veciña detecta algunha vía asfaltada sen limpar, pode informar do incidente á Administración local chamando ao teléfono 618 74 73 72.