- A intervención contou cun orzamento de 53.651,40 euros
O Concello de Cabana dá por rematados os labores de acondicionamento e mellora da accesibilidade ás vivendas sociais municipais. A intervención contou cun orzamento de 53.651,40 euros e supuxo a demolición das escaleiras e ramplas anteriores, que incumprían a normativa de accesibilidade, para substituílos por un equipamento axeitado e seguro. Tamén se interveu no peche dos baixos dos balcóns e na limpeza, reparación e pintado das fachadas. No exterior procedeuse á renovación da rede de abastecemento, saneamento e instalación eléctrica.
Segundo explicou o alcalde, José Muíño, estas intervencións eran «moi necesarias» e desde o goberno local desexan iniciar os trámites á maior brevidade para «adxudicar as vivendas antes do vindeiro ano».