Cabana conmemorará este xoves o Día de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro_Cultura.gal

O Concello de Cabana de Bergantiños conmemorará este xoves, día 23 de febreiro, o Día de Rosalía de Castro cunha programación cargada de propostas. A xornada dará comezo a partir das 11.30 horas na Escola de Vela coa transformación en música dos versos da poeta, para posteriormente elaborar e degustar un caldo de gloria. O evento contará coa participación de Matilde Vilariño; membros da Asociación Íntegro; da Escola Municipal de Teatro; o grupo Son de Cabana; representantes da xunta local da AECC Cabana de Bergantiños e de Cáritas Cesullas, Canduas e Borneiro.