Cabana continúa apostando polo proxecto educativo ‘Mochilas pola igualdade’

1 minutes read
Concello de Cabana
  • A finalidade deste programa é o desenvolvemento das medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero

O Concello de Cabana continúa coa súa firme aposta pola educación positiva co proxecto Mochilas pola igualdade, un programa cuxa finalidade é o desenvolvemento das medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

Nesta actividade participaron alumnos de 5º e 6º de primaria do CPI As Revoltas, traballando en equipo e con perspectiva de xénero, «modificando as actuacións discriminatorias e facendo presión para eliminar os obstáculos que impiden a participación das mulleres en igualdade de condicións que os homes en calquera ámbito da vida», destacan desde o Goberno local. Para lembrar á sociedade a importancia de educar en igualdade, imprimíronse arredor de 270 mochilas para todos os nenos do centro.

O alcalde de Cabana, José Muíño, entregoulle á rapazada do CPI As Revoltas e da escola unitaria uns saquiños cuxo deseño foi o resultado dun traballo previo do alumnado sobre as desigualdades sociais, educativas, de acoso ou de violencia de xénero.