Cabana | Curso de piragüismo para maiores de nove anos da man do Club Náutico

Praia do Pendón_Concello de Cabana

  • Desenvolverase na praia do Pendón os días 19, 21, 27, 29 de xullo e 3, 5, 10 e 12 de agosto

O Club Náutico de Cabana de Bergantiños, en colaboración co Concello, organiza un curso de piragüismo para nenos maiores de nove anos que se desenvolverá na praia do Pendón os días 19, 21, 27 e 29 de xullo, así como o 3, 5, 10 e 12 de agosto.

As actividades levaranse a cabo a partir das 15:30 horas en 4 grupos de 15 participantes, con estritas medidas de seguridade. Desde a organización lembran que é imprescindible saber nadar.

A inscrición poderá formalizarse enviando un correo electrónico a clubenauticocabana@gmail.com. Deberá especificarse o nome, apelidos, idade e teléfono de contacto do participante.